viernes, 12 de abril de 2013

LENDAS DE TOQUES


Lendas de Toques:
A lenda da pena moura
Contan que un crego chegou
ao lugar da pena moura
un libro levaba na man
e un veciño por escolta.
O libro íase abrindo
e a pena tamén se abría
ata que se deixou ver
un tesouro que escondía
un altar con santos de ouro
que i cura quixo coller
adentrándose na pena
con afán de poseer
pero o veciño medoso
colleu medo e escapou
e ao saír da gruta airoso
co libro se tropezou
o libro pechouse axiña
e a pena tamén o fixo
quedando o curiña dentro
sen ouro nin beneficio.


Fábrica de puntas de a Capela
Esta lenda conta que ao lado da Igraxa da Capela, había unha fábrica de puntas. Nela traballábase todos os días, incluídos os domingos. Contan que un domingo mentras o crego dicía a misa, Deus cabreouse porque os traballadores non asistían a ela e fixo que reventasen todas as máquinas,ciscando as puntas todas polo río e facendo que se derrubara case toda a fábrica. Esta acabou pechando.

Lucía Ávarez e Fátima Cardeiro,  1º ESO C


2 comentarios:

  1. Ola Bocelo Calidade! molades moito! sodes guays! decídelle a Rami que inclúa na pantalla do corredor do IES de Melide o Bocelo calidade. Meredes ocupar un recunchiño dela!!!
    Apertas !!! Vanessa e Mar aula específica

    ResponderEliminar
  2. Encántame estas lendas, precioso o romance da Pena Moura. Prabéns, polo blog!!

    ResponderEliminar