martes, 22 de enero de 2013

Fauna na comarca de Melide




Fauna

Entre a avifauna destaca a poboación de Circus Pygargus 
(Aguiacho cincento), a recenté cría da Ciconia Ciconia ( Cegoña branca), e a presenza en verán e outono do Tetrax Tetrax ( Sisón Común).
Mamíferos: Galemys Pyremicus (Desmán ibérico) e a Lutra Lutra (Lontra).

                                 

Adrián Penas, 1º C de ESO IES Melide

miércoles, 16 de enero de 2013

O CASTRO DA GRAÑA DE TOQUES









O CASTRO DA GRAÑA:
 É un castro de finales da edade de bronce Principios de do Ferro.
Este castro empeza a ser habitado a finales do siglo I a.c.
Encóntrase pouco excavado; pois só se ven 8 contruccións ao aire libre.
En este viuse unha escultura de unha cabeza humana representada en granito.




Para chegar a él hai que chegar ata Melide; despois de alí, a Toques. A 50 m da  casa do Concello hai que coller unha pista que vai a Mourelos, pero non hai perda, existe unha señal na entrada; e despois dirixirémonos cara a  dereita.
Hai moitas lendas que falan dos habitantes dos castros, chamándolles "Mouros", pero tamén restos arqueolóxicos que dan fe da longa historia destas terras;
 Esto sábese grazas aos arqueólogos, que investigaron moito e entón atoparon restos. O Castro da Graña estivo habitado dende o século VIII a. de C. ao II ou III  d. de  C.
Un sitio arqueóloxico é unha concentración de restos arqueolóxicos. Nel podemos atoparnos unha concentración de restos de actividade humana e está constituído pola presenza de artefactos, elementos estruturais, chans de ocupación e outra serie de anomalías. Nun prado de meus avós atopáronse restos arqueolóxicos como culleres, e outros utensilios.



Lucía Álvarez, 1º C ESO

MELIDE EN CIFRAS


No ano 2012 Melide tiña 7824 habitantes.
A localización xeográfica de Melide:
42º 55” N Altitude – 454 msnm, 8º 01”

Melide limita con catro concellos:
Norte – Boimorto
Sur – Santiso
Leste – Arzúa
Oeste – Toques e Palas de Rei
Cordenadas GPS
42.915169, 8.016496


Distancias:
- 15 Km a Arzúa
72 Km a Coruña
54 Km a Santiago de Compostela
548 Km a Madrid


Datos de poboación:


Ano
1900
1930
1950
1981
2004
2009
Poboación
6512
8650
10127
8014
7809
7838


Censo total: 7874
Menores de 15 anos: 887 (11.26%)
Entre 15 e 64 anos: 4979 (63.23%)
Maiores de 65 anos: 2008 (23.5%)

Demografía:

Área: 101.3 Km2
Densidade: 7.00 hab/Km2
Altitude: 454 msnm
Distancias: 15km a Arzúa
            72km a A Coruña
            54km a Santiago de Compostela
Superficie: 101.3 Km2
Parroquias: 26
C.P.: 15800

Adrián Penas e Ismael Río Vea 1º C ESO

O río Furelos




O río de Melide do que imos falar ten o seu nacemento na Serra do Careón (concello de Toques) e ten unha lonxitude  de 26,2 km o seu caudal Medio é de 6,63 m3/s.
A conca do río Furelos abarca 151,6 km2. Desembocadura: Río Ulla

O nome do río furelos procede de atravesar a freguesía e lugar de Furelos  por onde atravesar o CAMIÑO DE SANTIAGO.
O principal afluente do río furelos é o Rego de Catasol.

Tamén hai dous pequenos encoros que aproveitan o seu curso para a produción de electricidade. Os seus nomes son encoro de Portochao e de Portodiz.


A área recreativa do río Furelos dispón de diversos elementos de ocio para grandes e pequenos que conxugan a perfección coa natureza.

No ano 2011 a área recreativa modificouse. Reformouse  o xardín e tamén a mellora integral da saúde do río.

Mariña Ferreiro e Elvi Mazás 1º ESO C

lunes, 14 de enero de 2013

A PONTE DE FURELOS



Ponte medieval de catro arcos, construída con cachoterías de granito sobre o río Furelos no século XII. A ponte está rodeada sobre un entorno natural e pacífico co agradable son do río Furelos.
Documentada dende o ano 1185, esta ponte cítase no Códice Calixtino do século XII, e está considerada aínda hoxe unha das xoias da arquitectura civil do Camiño de Santiago. Esta ponte de Furelos foi ata o século XIX a única vía de comunicación para carros e cabaleiros durante setecentos anos de peregrinación, a través do Camiño Real.
As roscas dos arcos, os arranques das bóvedas e dos paramentos nas pilastras son de cantería posiblemente traída de Pambre. O demais son materiais propios de Melide: os paramentos, o recheo das bóvedas e peitorís son de cachotaría, da negra pedra do país que se pode atopar no monte de Melide, fundamentalmente anfibolitas e ultrabásicas.

Hai unha interesante lenda: Os veciños do lugar necesitaban unha ponte, para pasar o río, como tantos outros en Galicia. Pero por unhas cousas ou por outras non atopan a forma de facer a ponte.
Un bon día atoparon un mouro que se comprometeu a facer a ponte a cambio de moedas de ouro. O mouro fixo a ponte pero pensou en deixar unha pedra mal asentada de modo que co tempo a ponte comenzara a tremer.
E así pasou, a ponte comenzou a tremer e os veciños acudiron ó mouro para que arranxara a ponte. O mouro díxolles que si pero que había que pagar o traballo con moedas de ouro. O mouro volveu facer a mesma faena, arranxar a ponte pero deixar outra pedra de outro lugar da ponte media solta de modo volvera a pasar o mesmo e así seguiría o negocio.
Esto pasou varias veces ata que os veciños, xa mosqueados, decidiron vixiar os arranxos da ponte, ata que deron con engano e decidiron darlle un escarmento ó mouro. Para iso, localizaron a pedra que estaba mal asentada, quentárona no lume e cando o moro foi arranxar a pedra, estaba tan quente que se queimou e quedou gravada na pedra a man do mouro.
Hai xente que dí que inda hoxe en día se ve a pedra ca man gravada.


Patricia López Andrés 1º C de ESO

martes, 8 de enero de 2013

Toques: riqueza natural e arqueolóxica

 Na comarca de Melide encóntrase Toques, concello percorrido de Norte a  Sur polo río Furelos.

Podemos localizalo nas coordenadas  4771032.8
O territorio de Toques limita con Curtis polo Norte, con Arzúa polo Oeste, con Melide polo Sur e no Leste linda con Friol.

Outros datos de interese:

Superficie: 77,9 km²
Poboación: 1.416 habitantes  (2008)

Parroquias: Capela, Mangoeiro (San Tomé) , Ordes , Paradela (San Paio), San Martiño de Oleiros (San Martiño) , San Xiao do Monte (San Xiao) , Santa Eufemia do Monte (Santa Eufemia) , Santa Mariña de Brañas (Santa Mariña), Vilamor (Santo Estevo), Vilouriz (Santiago).

Altura media: 571



Neste municipio pódense visitar lugares como:  O Forno dos Mouros, a Igrexa de San Antolín, o Castro da Graña, as fervenzas de Brañas e moitos outros  que paga a pena coñecer e que vos iremos mostrando dende o Bocelo Calidade.

Lucía Álvarez 1º C ESO