viernes, 12 de abril de 2013

LENDAS DE TOQUES


Lendas de Toques:
A lenda da pena moura
Contan que un crego chegou
ao lugar da pena moura
un libro levaba na man
e un veciño por escolta.
O libro íase abrindo
e a pena tamén se abría
ata que se deixou ver
un tesouro que escondía
un altar con santos de ouro
que i cura quixo coller
adentrándose na pena
con afán de poseer
pero o veciño medoso
colleu medo e escapou
e ao saír da gruta airoso
co libro se tropezou
o libro pechouse axiña
e a pena tamén o fixo
quedando o curiña dentro
sen ouro nin beneficio.


Fábrica de puntas de a Capela
Esta lenda conta que ao lado da Igraxa da Capela, había unha fábrica de puntas. Nela traballábase todos os días, incluídos os domingos. Contan que un domingo mentras o crego dicía a misa, Deus cabreouse porque os traballadores non asistían a ela e fixo que reventasen todas as máquinas,ciscando as puntas todas polo río e facendo que se derrubara case toda a fábrica. Esta acabou pechando.

Lucía Ávarez e Fátima Cardeiro,  1º ESO C


martes, 9 de abril de 2013

Melide, terra doce

-->
TERRA DOCE
As persoas que se queren perder por Melide paseando pola súa zona histórica, conocerana no primeiro lugar polo seu olor. En Melide amasanse cada día os melindres, os ricos e os amendoados que fan de Melide a Terra Doce.
A repostería tradicional e un dos principais reclamos de este concello, que teñen un produto exclusivo: o rico.
O segundo domingo do mes de maio celebrase cada ano a festa do Melindre e da repostería da Terra De Melide.
A gastronomía máis doce é, polo tanto, un reclamo en Melide, como o é tamén a tradición de deterse a comer polbo. Din as guías de turismo que esta é unha das zonas de Galicia que, sen ser costeira, ofrece unhas das racións de polbo máis saborosas do país.
Sabeno moi ben os miles de peregrinos que no seu camiño hacia Compostela enchen a calqueira hora do día as pulperías da vila para repoñer forzas.
En Melide poderemos atopar o cruceiro máis antigo de Galicia- O da Capela de San Roque do século XIV- e o antigo Hospital de peregrinos , hoxe reconvertido no Museo da Terra de Melide. 

Adrián Miguélez, Alberto López e Ismael Río, 1º ESO C