martes, 26 de marzo de 2013

TIC e educación

As ferramentas TIC son imprescindibles nas aulas de hoxe en día. Esta afirmación non é azarosa, pois a realidade circundante obriga ós docentes a non virar as costas a todas as oportunidades que nos brinda hoxe a tecnoloxía para facer que as nosas clases se acheguen ó alumnado, porque a aprendizaxe será máis significativa canto máis próxima estea dos seus intereses. Así o blogue, as presentacións, os videos, e a internet como foco de recursos e de información, deben pasar a formar parte do noso día a día.Se queredes afondar no tema, consultade o blogue de Tíscar Lara, investigadora no eido da educación e as novas tecnoloxías http://tiscar.com/tiscar-lara/  Para saber máis:

1 comentario:

  1. hai ke seguir publican do veña animo a todos ea todas de parte de paula barallobre.

    ResponderEliminar