miércoles, 6 de marzo de 2013

MELIDE HISTÓRICO



O concello de Melide está integrado por 26 parroquias. O casco urbano

 atópase na parroquia de San Pedro de Melide.

 A casa do concello que hoxe ten Melide foi no seu día un pazo de gran

 beleza. Datado do século XVII, a súa céntrica situación, a praza que ten

 diante del e os elementos que integran a súa fachada convérteno na

 actualidade nunha das casas consistoriais máis fermosas do país.

É moi probable que inicialmente fose unha villa(m)/terra(m)/fundu(m) Melliti

 (vila/terra de

Mellitus) co nome do terratenente ou posuidor en xenitivo. O paso fonético

 de Melliti a Melide explícase pola simplificación da xerminada –ll-

 sonorización da dental xorda en posición intervocalica -t-.

A primeira mención documental sobre Melide e a súa comarca aparece nun

 documento da igrexa luguesa, no chamado testamento de Odoario, bispo de

 Lugo, do ano 747.


 Mar Riveiro Cabado  1º ESO C

No hay comentarios:

Publicar un comentario