miércoles, 20 de febrero de 2013

MELIDE E O SEU TOPÓNIMO



Melide é atravesado por dúas rutas do Camiño de Santiago, o camiño
primitivoe o camiño francés.

 A densidade de poboación de Melide é de 78 habitantes por m2.  concello da
provincia da Coruña.

O concello de Melide está integrado por 26 parroquias. O casco urbano
atópase na parroquia de San Pedro de Melide.

 A casa do concello que hoxe ten Melide foi no seu día un pazo de gran
 beleza. Datado do século XVII, a súa céntrica situación, a praza que ten
 diante del e os elementos que integran a súa fachada convérteno na
actualidade nunha das casas consistoriais máis fermosas do país.

É moi probable que inicialmente fose unha villa(m)/terra(m)/fundu(m) Melliti
(vila/terra de Mellitus) co nome do terratenente ou posuidor en xenitivo. O paso fonético de Melliti a Melide explícase pola simplificación da xerminada –ll-sonorización da dental xorda en posición intervocalica -t-.

A primeira mención documental sobre Melide e a súa comarca aparece nun
 documento da igrexa luguesa, no chamado testamento de Odoario, bispo de
Lugo, do ano 747.


 Mar Riveiro Cabado  1º ESO C

viernes, 1 de febrero de 2013

Un lugar en Melide: As Cazallas.







 As Cazallas é unha poboación do municipio de Melide, e conta con aproximadamente 72 habitantes ( 31 homes e 41 mulleres segundo o censo do 2009).
 Está situada a unha altitude de 480,2 metros sobre o nivel do mar e o seu terreo ten unha inclinación de  20,89%.

 Destaca a súa igrexa  e o seu cruceiro, realizado en granito. Este cruceiro singular ten unha cruz de sección rectangular con brazos con bocel e recrucetada, e imaxe do Cristo crucificado no anverso. O capitel é cilíndrico con astrágalo octogonal e liso, ábaco de lados curvos e vértices achafranados, volutas, querubíns e follas de bordos lobulados. Pedestal cuadrangular moi moldurado e cunha grande escocia que se apoia sobre unha plataforma con forma de pilastra con pés nos ángulos, ten mesa pegada.  (Qué termos tan complexos!!! o mellor é velo en directo! animádevos a dar unha voltiña por aquí!)


 María del Mar Ferraces
1º C de ESO IES de Melide

Arqueoloxía e museo





A comarca da Terra de Melide posúe unha grande riqueza arqueolóxica que permite afirmar a asistencia dunha población moi antiga nestas terras nas que abundan castros e mámoas. Son abundantes os restos atopados que datan dos primitivos tempos do Neolítico e da época castrexa. Xoias, apeiros,  e outros achados do castro da Graña e da vila romana de Piñor poden visitarse no Museo Terra de Melide, que está aberto de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 horas. Os domingos de 11.00 a 14.00 (festivos pechado).

 
 


 Imaxes: Adrián Couso
 Texto: Alberto López

  1º C de ESO, IES de Melide