As Cazallas é unha poboación do municipio de Melide, e conta con aproximadamente 72 habitantes ( 31 homes e 41 mulleres segundo o censo do 2009).
Está situada a unha altitude de 480,2 metros sobre o nivel do mar e o seu terreo ten unha inclinación de
Destaca a súa igrexa e o seu cruceiro, realizado en granito. Este cruceiro singular ten unha cruz de sección rectangular con brazos con bocel e recrucetada, e imaxe do Cristo crucificado no anverso. O capitel é cilíndrico con astrágalo octogonal e liso, ábaco de lados curvos e vértices achafranados, volutas, querubíns e follas de bordos lobulados. Pedestal cuadrangular moi moldurado e cunha grande escocia que se apoia sobre unha plataforma con forma de pilastra con pés nos ángulos, ten mesa pegada. (Qué termos tan complexos!!! o mellor é velo en directo! animádevos a dar unha voltiña por aquí!)
María del Mar Ferraces
1º C de ESO IES de Melide
No hay comentarios:
Publicar un comentario