O Bocelo é a serra senlleira da nosa comarca, pero tamén é o nome da nosa aula de 1º de ESO C, do IES de Melide. Queremos coñecer mellor a nosa terra, e compartir os nosos descubrimentos convosco. Dende este miradoiro esculcaremos o mundo todos xuntos.
domingo, 21 de abril de 2013
domingo, 14 de abril de 2013
viernes, 12 de abril de 2013
LENDAS DE TOQUES
Lendas de Toques:
A lenda da pena moura
Contan que un crego chegou
ao lugar da pena moura
un libro levaba na man
e un veciño por escolta.
O libro íase abrindo
e a pena tamén se abría
ata que se deixou ver
un tesouro que escondía
un altar con santos de ouro
que i cura quixo coller
adentrándose na pena
con afán de poseer
pero o veciño medoso
colleu medo e escapou
e ao saír da gruta airoso
co libro se tropezou
o libro pechouse axiña
e a pena tamén o fixo
quedando o curiña dentro
sen ouro nin beneficio.
Fábrica de puntas de a Capela
Esta lenda conta que ao lado da Igraxa
da Capela, había unha fábrica de puntas. Nela traballábase todos
os días, incluídos os domingos. Contan que un domingo mentras o
crego dicía a misa, Deus cabreouse porque os traballadores non
asistían a ela e fixo que reventasen todas as máquinas,ciscando as
puntas todas polo río e facendo que se derrubara case toda a
fábrica. Esta acabou pechando.
Lucía Ávarez e Fátima Cardeiro, 1º ESO C
martes, 9 de abril de 2013
Melide, terra doce
-->
Adrián Miguélez, Alberto López e Ismael Río, 1º ESO C
TERRA
DOCE
As persoas que se queren perder por Melide paseando pola
súa zona histórica, conocerana no primeiro lugar polo seu olor. En
Melide amasanse cada día os melindres, os ricos e os amendoados que
fan de Melide a Terra Doce.
A repostería tradicional e un dos principais reclamos
de este concello, que teñen un produto exclusivo: o rico.
O segundo domingo do mes de maio celebrase cada ano a
festa do Melindre e da repostería da Terra De Melide.
A gastronomía máis doce é, polo tanto, un reclamo en
Melide, como o é tamén a tradición de deterse a comer polbo. Din
as guías de turismo que esta é unha das zonas de Galicia que, sen
ser costeira, ofrece unhas das racións de polbo máis saborosas do
país.
Sabeno moi ben os miles de peregrinos que no seu camiño
hacia Compostela enchen a calqueira hora do día as pulperías da
vila para repoñer forzas.
En
Melide poderemos atopar o cruceiro máis antigo de Galicia- O da
Capela de San Roque do
século XIV- e o antigo Hospital de peregrinos , hoxe reconvertido no
Museo da Terra de Melide.
lunes, 1 de abril de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)