O Bocelo é a serra senlleira da nosa comarca, pero tamén é o nome da nosa aula de 1º de ESO C, do IES de Melide. Queremos coñecer mellor a nosa terra, e compartir os nosos descubrimentos convosco. Dende este miradoiro esculcaremos o mundo todos xuntos.
miércoles, 20 de febrero de 2013
MELIDE E O SEU TOPÓNIMO
Melide é atravesado por dúas rutas do Camiño de Santiago, o camiño
primitivoe o camiño francés.
A densidade de poboación de Melide é de 78 habitantes por m2. concello da
provincia da Coruña.
O concello de Melide está integrado por 26 parroquias. O casco urbano
atópase na parroquia de San Pedro de Melide.
A casa do concello que hoxe ten Melide foi no seu día un pazo de gran
beleza. Datado do século XVII, a súa céntrica situación, a praza que ten
diante del e os elementos que integran a súa fachada convérteno na
actualidade nunha das casas consistoriais máis fermosas do país.
É moi probable que inicialmente fose unha villa(m)/terra(m)/fundu(m) Melliti
(vila/terra de Mellitus) co nome do terratenente ou posuidor en xenitivo. O paso fonético de Melliti a Melide explícase pola simplificación da xerminada –ll-sonorización da dental xorda en posición intervocalica -t-.
A primeira mención documental sobre Melide e a súa comarca aparece nun
documento da igrexa luguesa, no chamado testamento de Odoario, bispo de
Lugo, do ano 747.
Mar Riveiro Cabado 1º ESO C
Suscribirse a:
Entradas (Atom)