lunes, 14 de enero de 2013

A PONTE DE FURELOS



Ponte medieval de catro arcos, construída con cachoterías de granito sobre o río Furelos no século XII. A ponte está rodeada sobre un entorno natural e pacífico co agradable son do río Furelos.
Documentada dende o ano 1185, esta ponte cítase no Códice Calixtino do século XII, e está considerada aínda hoxe unha das xoias da arquitectura civil do Camiño de Santiago. Esta ponte de Furelos foi ata o século XIX a única vía de comunicación para carros e cabaleiros durante setecentos anos de peregrinación, a través do Camiño Real.
As roscas dos arcos, os arranques das bóvedas e dos paramentos nas pilastras son de cantería posiblemente traída de Pambre. O demais son materiais propios de Melide: os paramentos, o recheo das bóvedas e peitorís son de cachotaría, da negra pedra do país que se pode atopar no monte de Melide, fundamentalmente anfibolitas e ultrabásicas.

Hai unha interesante lenda: Os veciños do lugar necesitaban unha ponte, para pasar o río, como tantos outros en Galicia. Pero por unhas cousas ou por outras non atopan a forma de facer a ponte.
Un bon día atoparon un mouro que se comprometeu a facer a ponte a cambio de moedas de ouro. O mouro fixo a ponte pero pensou en deixar unha pedra mal asentada de modo que co tempo a ponte comenzara a tremer.
E así pasou, a ponte comenzou a tremer e os veciños acudiron ó mouro para que arranxara a ponte. O mouro díxolles que si pero que había que pagar o traballo con moedas de ouro. O mouro volveu facer a mesma faena, arranxar a ponte pero deixar outra pedra de outro lugar da ponte media solta de modo volvera a pasar o mesmo e así seguiría o negocio.
Esto pasou varias veces ata que os veciños, xa mosqueados, decidiron vixiar os arranxos da ponte, ata que deron con engano e decidiron darlle un escarmento ó mouro. Para iso, localizaron a pedra que estaba mal asentada, quentárona no lume e cando o moro foi arranxar a pedra, estaba tan quente que se queimou e quedou gravada na pedra a man do mouro.
Hai xente que dí que inda hoxe en día se ve a pedra ca man gravada.


Patricia López Andrés 1º C de ESO

3 comentarios:

  1. Que bonito a seguir subindo cousas asi

    ResponderEliminar
  2. Qué ben que sigades comentando, porque realmente estamos rodeados de historia, natureza e arte, así que, veña, Adrián, ánimo e a investigar!

    ResponderEliminar