miércoles, 16 de enero de 2013

O río Furelos




O río de Melide do que imos falar ten o seu nacemento na Serra do Careón (concello de Toques) e ten unha lonxitude  de 26,2 km o seu caudal Medio é de 6,63 m3/s.
A conca do río Furelos abarca 151,6 km2. Desembocadura: Río Ulla

O nome do río furelos procede de atravesar a freguesía e lugar de Furelos  por onde atravesar o CAMIÑO DE SANTIAGO.
O principal afluente do río furelos é o Rego de Catasol.

Tamén hai dous pequenos encoros que aproveitan o seu curso para a produción de electricidade. Os seus nomes son encoro de Portochao e de Portodiz.


A área recreativa do río Furelos dispón de diversos elementos de ocio para grandes e pequenos que conxugan a perfección coa natureza.

No ano 2011 a área recreativa modificouse. Reformouse  o xardín e tamén a mellora integral da saúde do río.

Mariña Ferreiro e Elvi Mazás 1º ESO C

1 comentario: